Detido un menor por roubar un coche en Carballo e estrelalo na Coruña

O home de 17 anos camiñaba pola zona de Feáns despois de ter o accidente

Un home de 17 anos foi detido este venres na Coruña tras roubar supostamente un coche en Carballo, que conduciu ata a cidade onde o estrelou.

Ás 4.26 horas desta madrugada unha patrulla da Policía Local desprazouse ata Feáns, onde un Audi A4, sen ocupantes, impactara contra o muro dunha casa.

Os axentes localizaron ao agora detido na zona, que deu "distintas versións incongruentes" de que facía e enviou unha mensaxe que dicía que roubara o coche en Carballo. Tras borrar esa mensaxe, dixo aos policías que ía ver á súa noiva ao barrio de Palavea e que ía andando desde Arteixo, onde reside coa súa familia.

Acto seguido os axentes comprobaron que o coche fora roubado en Carballo, tras un roubo con forza nunha vivenda de onde se subtraeron as chaves, e detiveron ao menor.

Este mostrou actitude agresiva no traslado e foi un irmán quen se fixo cargo del tras indicalo así a súa nai á Policía Local, informan fontes municipais a través dun comunicado.

Comentarios