Dezasete adegas do Ribeiro presentan os seus viños en Barcelona

Dezasete adegas galegas da Denominación de Orixe Ribeiro presentan os seus viños en Barcelona, nun evento que terá lugar no Hotel Condes de Barcelona o martes 1 de decembro.

O Consello Regulador do D.O. Ribeiro, xunto con 17 adegas da denominación acudirán a Barcelona para presentar os seus viños ante o público profesional desta cidade.

A xornada comezará cunha breve presentación por parte do presidente do Consello Regulador da denominación, Luís Anxo Rodríguez, e posteiormente realizarase un show room, onde as adegas presentes poderán facer unha cata e explicar os seus viños ao sector profesional que se achegue ata alí para coñecer os novos viños do Ribeiro.

As adegas que acoden cos seus viños a esta presentación son:
Adega Manuel Formigo.
Adega Manuel Rojo.
Adegas Parente García.
Adegas Valdavia.
Antonio Cajide Gulín.
Arco dá Vella. A Adega de Eladio.
Casal de Armán.
Casal de Paula.
Coto de Gomariz.
Docampo.
Eloi Lorenzo.
Francisco Fernández Sousa.
Lagar do Meréns.
Sanclodio.
San Roque.
Vitivinícola do Ribeiro.
Viña Mein.

O obxectivo principal deste tip de presentacións é ensinar a gran calidade dos viños do Ribeiro, á para que se mostran as novidades do ano e danse a coñecer novas adegas da denominación.

Comentarios