Dieta atlántica nos comedores da USC

pa fuera.jpg
photo_camera pa fuera.jpg

''A universidade quere manter un proceso sostido de alimentación idónea para os cerebros e os corazóns dos estudantes''. Así o manifestaba o reitor da USC, don Senén Barro, ao comezar unha comida no Monte da Condesa o mércores 13 de maio que servía como presentación ante a prensa do que será a proposta de menú da USC para os estudantes.

A dieta atlántica é en palabras do propio reitor ''tan rica, sa e variada como a mellor'', polo tanto, a Universidade pretende con ela alimentar dun xeito responsable e por suposto, saborosa, aos prezados estudantes tanto do campus de Santago como de Lugo, onde levará a cabo a iniciativa. A implantación nos distintos comedores porase en marcha durante todo este mes de maio.

Devandita dieta inclúe unha gran variedade de alimentos xa sexan cereais, pan, patacas, vexetais, froitas, castañas, noces, peixe, marisco ou algas, tenreira, porco ou caza e lácteos.

Caracterízase tamén pola abundancia de alimentos de tempada locais, frescos e minimamente procesados.

En canto á elaboración, a dieta atlántica aposta firmemente polo uso de aceite de oliva para o aderezado e o cociñado, e unha preparación culinaria preferente da cocción, ao ferro, forno e guisado.

O propio reitor, señor Barro, encomiou as vantaxes dunha alimentación propia de Galicia. Acompañando ao reitor e ao vicerreitor, estiveron os profesores Rafael Tojo e Rosaura Leis, quen achegaron detalles máis técnicos a preto dos produtos incluídos nesta nova estrutura alimenticia na universidade.

Ademais, haberá un ciclo de conferencias onde os máis reputados expertos falarán dos diversos espectos e beneficios deste modelo alimenticio. O próximo 26 de Maio ás 19:00 horas no salón de actos da Facultade de Filosofía, os profesores Tojo e Leis ofrecerán unha charla para presentar o seu libro ''A dieta Atlántica: vos peixes e as algas''.

A Fundación Dieta Atlántica

Esta Fundación é un organismo creado pola USC para fomentar o estudo, a investigación e a difusión da dieta atlántica para o benestar da poboación. A iniciativa da USC con este menú está marcada, como insistiu o propio reitor, polo máis rigoroso carácter científico.

A Fundación foi declarada de interese sanitario e de interese galego.

Na comida celebrada o miécoles 13 deste mes, os asistentes puidemos probar unha mostra de devandita dieta, que incluía pementos de entrante, cocido con mexillóns e fabas e por útimo salmón acompañado de guarnición. Produtos, todos eles ligados á gastronomía galega e que ademais tamén comparten entre si a calidade de ser saudables.

Comentarios