A vaga de calor apertará este domingo antes de despedirse de Galicia

O luns haberá un descenso de temperaturas de ata dez graos

Dos turistas se protegen de sol en el balneario de Berán, en Leiro. BRAIS LORENZO (EFE)
photo_camera Previsión para o domingo.

O ceo non presentará grandes cambios este domingo en Galicia. A onda de calor continuará apertando e, incluso, espérase que as temperaturas suban lixeiramente nas provincias da Coruña e Lugo. Será o último día de calor extrema na comunidade, tras tres xornadas asfixiantes, xa que o luns haberá un descenso brusco das temperaturas, que chegará a ser de dez graos en zonas costeiras debido ao vento.

En calquera caso, este domingo seguiranse superando os 40 graos centígrados nalgunhas zonas de Ourense e Pontevedra. O sábado estableceuse un novo tope en Arbo, o municipio pontevedrés que marcou todos os días de calor a máxima galega, esta vez con 43,7º.

Na Mariña lucense, en cambio, as temperaturas volverán ser máis agradables que no resto de Galicia e incluso podería haber algunhas nubes.

Meteogalicia mantén en alerta laranxa por temperaturas superiores a 39 graos a zona do Miño de Ourense, e en aviso amarelo o sur de Lugo, Ourense e Pontevedra e algunhas comarcas do interior da Coruña.

Comentarios