Dúas xeracións recollen o legado de achegar tradición e esencia aos queixos do Pazo Anzuxao

Baixo un escenario onírico e paisaxístico sitúase o Pazo Anzuxao, que pertence a unha das marabillas arquitectónicas da comarca do Deza. Trátase dunha construción que se diferencia de moitas outras, xa que no seu interior forxouse unha fábrica queixeira. Pero o lugar de emprazamento non é o único que lle imprime un valor añadido, xa que se trata dun negocio familiar no que Dona Josefina foi deixando o seu legado ó longo de dúas xeracións.

Aínda que no século XVIII foi cando se construiu o pazo haberá que esperar até o ano 1970 para que acollese á queixería. Así, tras as pedras de canteiría podemos atopar a fábrica de Pazo Anzuxao. Este espazo sufriu unhas pequenas remodelacións para adaptalo á fabricación de queixos actual, tal e como apunta un dos seus responsables, Javier Sampayo ''ó aumentar a produción tivemos que meter un pasteurizador novo e uns secadeiros''.

A pesar dos cambios que se fixeron no interior da construción a esencia coa que Dona Josefina creou a fábrica segue estando presente xa que ''o queixo é o mesmo e o proceso de fabricación é exactamente igual'' que o de antaño. A única diferenza é que ''fixemos unha ampliación para o García Ulloa'', según apunta Sampayo.

Unha variedade para cada padal 
Na fábrica Pazo Anzuxao fabrícanse preto de "190.000 queixos ó ano'', entre os que se atopan distintos tipos como o de de tetilla, o de García Ulloa, o curado e o requeixo.

O xeito de que teña tanta aceptación entre os consumidores débese, como apunta Sampayo,  a que está elaborado cun ''bo leite'' e, tamén a que, os seus queixeiros poñen todo o seu ''esmero'' á hora de fabricar estes lácteos.

Ó igual que o queixo, o pan é un ben considerado de primeira necesidade pero algunas persoas soen prescindir del porque cree que engorda, pero segundo apunta o responsable da fábrica, ''a xente que ten problemas de gordura come queixo semigraso''.

Como na casa
Cando un acude a visitar a fábrica de queixos para admirar a súa beleza exterior ou a para comprar algún dos seus produtos non se sinte un extraño porque no lugar respírase un ambiente cotiá, xa que segundo apunta un dos responsables do establecemento, ''somos todos da familiar, tanto os obreiros como os socios''.

Aparte desde o Pazo Anzuxao pretende fidelizar ó cliente mediante a tenda que ten instalada no interior da construción arquitectónica xa que é ''el mesmo quen leva o produto que sae desde aquí''. Ademais, ó non haber intermediarios entre o produtor e consumidor, a súa venda é directa porque ''os coches levan incorporados equipos de frío e pésanse no momento de ser vendindos''.

O perfil de público que se decanta por probar estes lácteos é, como dí Sampayo, principalmente novo, sobre todo, no caso da tenda; aínda que cando se distribúe polas casas o entre o 80 e 90% son amas de casa.

Degustando in situ
Outro dos xeitos para fidelizar os clientes é a través das visitas guiadas que organiza a Deputación Provincial de Pontevedra, baixo o título Coñece a túa provincia, mediante as que se da unha ''explicación de como se fai o queixo e sobre a historia da empresa e, tamén, se fai unha degustación dos queixos''; ademais de dar ''unha volta polos exteriores do Pazo'', apunta Sampayo.

A xente que se despraza ata aquí é de todo tipo, desde excursións de 20 ata de 150 persoas. As máis pequenas soen ser de estudantes ''que xa están especializados no tema da alimentación'' a estes, ensináselles ''por dentro as instalacións'', segundo explica Sampayo.

Ampliando horizontes
Actualmente, a queixería Pazo Anzuxao distribúe os seus lácteos por toda Galicia, aínda que xa está pensando en abrir o seu campo ó exterior mediante o comercio electrónico. Así, mediante a súa páxina web venderán todo tipo de produtos desde marmelo, mel até queixo de cabra ou de mezcla.

Pero non serán as únicas innovacións que se leven ó cabo para expandir as súas ventas, xa que teñen previsto ''facer unha tenda máis grande para vender outros produtos, sobre todo do seu rango de lácteos''.

Comentarios