Dous feridos nun accidente múltiple en Padrón

Dúas persoas resultaron feridas a última hora do domingo nunha colisión entre tres turismos en Padrón. O accidente tivo lugar, sobre as 21:00 horas, no lugar da Picaraña, na N-550.

Foi a esa hora cando un particular alertaba ao CAE 112 Galicia do suceso. Así, desde o Centro de Atención ás Urxencias, pasouse aviso a Urxencias Médicas e á Garda Civil de Tráfico. Tamén se desprazaron os efectivos do GES de Padrón que, nada máis chegar ao momento, confirmaron o corte da circulación dun carril da estrada debido ao choque. O persoal do servizo de mantemento da estrada tamén foi informado.

Comentarios