Dous feridos nunha colisión entre senllos vehículos en Ourense

Un choque entre tres coches en Redondela saldouse sen feridos

Dúas persoas resultaron feridas ao chocar senllos vehículos no cruzamento da rúa Río Arenteiro co Río Támega, no municipio de Ourense.

Segundo informou o CAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar sobre as 18.00 horas deste luns, cando un particular avisou de que unha das vítimas presentaba feridas de consideración. A outra persoa resultou ferida leve.

Tras recibir a alerta, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 informou ao 061-Urxencias Sanitarias, a Protección Civil e á Policía Local.

COLISIÓN MÚLTIPLE EN REDONDELA. Por outra banda, en Redondela, saldouse sen feridos unha colisión entre tres vehículos rexistrada no quilómetro 140 da N-550, xusto debaixo da ponte do Tren.

O CIAE 112 explicou que o suceso tivo sobre as 13.40 horas e que a circulación na zona viuse condicionada tras o sinistro dado que os vehículos accidentados obstaculizaron a calzada.

Tras recibir o aviso, o CIAE 112 alertou á Garda Civil de Tráfico e aos servizos de conservación da estrada.

Comentarios