O atropelo dun xabaril deixa dous motoristas feridos en Cenlle

Circulaban pola estrada que une Ourense e Ribadavia

Dous motoristas resultaron feridos logo de atropelar a un xabaril coa moto na que viaxaban. Un dos implicados foi quen, pasados uns minutos das 22.00 horas deste martes, alertou ao 112 Galicia. Indicaba que acababan de atropelar a un xabaril que se lles cruzou na vía cando circulaban pola estrada que une Ourense e Ribadavia (N-120), á altura de Trasariz. Aseguraba ademais que, aínda que xa retirasen a moto e o animal da calzada, el e o seu compañeiro, necesitaban asistencia sanitaria.

Enseguida, o persoal do Cieae 112 Galicia, puxo os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, dos axentes de Tráfico e do GES de Ribadavia. Tamén informaron aos Bombeiros do Carballiño e aos efectivos de Protección Civil da Mancomunidade do Ribeiro.

Finalmente, os dous feridos, desprazáronse polos seus propios medios ao centro de saúde da localidade.

Comentarios