Tenreira Galega espreme o seu mollo no Fórum Gastronómico de Xirona

'Taky' hizo una demostración de las diversas formas de preparación de la carne
photo_camera 'Taky' hizo una demostración de las diversas formas de preparación de la carne

O campión de España e de Galicia de cociñeiros (anos 2000), Javier Rodríguez Ponte 'Taky', sorprendeu aos asistentes ao Fórum Gastronómico de Girona cun orixinal taller-degustación de carne da Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega.

A IXP presentou os seus produtos na cita gastronómica catalá a través dun relatorio que deu paso a unha exhibición na que un carniceiro despezou 'in situ' tres cortes de carne cos que 'Taky' elaborou tres pratos diferentes. Ademais, a carne foi tamén protagonista do orixinal decorado da sala.

Ao longo da demostración, o cociñeiro prestou especial atención a resaltar todos os aspectos técnicos, por exemplo o corte ou a maduración, que inciden no sabor final da carne. Así, exhibíronse distintos cortes que teñen como obxectivo conseguir o mellor resultado culinario, tanto desde o punto de vista do sabor como do aroma e o impacto visual.

Ademais desta actividade, Tenreira Galega tivo tamén unha destacada presenza na caseta institucional da Consellería de Medio Rural, realizando demostracións culinarias.

Comentarios