Ourense será para comelo, na televisión

Juan Echanove y el hermano Pascual a las puertas del monasterio de Oseira
photo_camera Juan Echanove y el hermano Pascual a las puertas del monasterio de Oseira

A gravación do capítulo "Unha de romanos nun bosque animado" comezou no mes de maio con imaxes da Romaría Etnográfica "Raigame", que desde fai 9 anos reúne no burgo medieval de Vilanova dous Infantes (Celanova) a deceas de artesáns e mostras de oficios tradicionais de Galicia, coincidindo co Día das Letras Galegas.

Alí estivo "Tonino", Antonio López Guitián para os amigos, con cámara e micrófono e agora, na primeira semana de novembro, están os tamén actores Imanol Arias e Juan Echanove para gozar-gravar da receita do "polbo á feira" e a súa orixe en torno ao mosteiro de Oseira (San Cristovo de Cea), a elaboración do pan de Cea, e viños de todas as denominacións de orixe de Galicia, das que 4 están na provincia de Ourense.

O irmán Pascual de Oseira, Carlos o panadeiro, o cineasta José Luís Corda, o artesan  de gaitas Manuel e unha criadora de porco "celta" serán protagonistas tamén do capítulo ourensán, entre outros.

Nunha rolda de prensa explicaron a filosofía do seu traballo na serrie documental de ficción "Un país para comerselo" , acompañados polos impulsores da súa presenza en Ourense, o presidente da Deputación de Ourense José Luís Baltar e polo xerente do Instituto Ourensán de Desenvolvemento (Inorde) José Manuel Rodríguez.

Imanol Arias, ourensán de Ermua

O actor aludiu ao seu vencello coa provincia desde a súa infancia xa que pasou a maior parte en Ermua (Vizcaia).

"Estiven ata os 19 anos en Ermua do País Vasco aínda que podería dicirse en Ermua de Ourense se falo da orixe do maior número de habitantes", explicou.

Do capítulo sobre Ourense dixo que será especialmente "enxebre" pois ten "a maxia das brumas e os bosques e o tempo está a acompañarnos nese sentido" e engadiu que a provincia tería contidos para sete capítulos máis "pero é imposible".

Destacou da experiencia vivida na provincia, as xentes e un prato de xarrete á pedra "do que hai que gritar a voces que é xarrete pois ao comelo parecía que me enganaran e era solombo, do mantecoso e rico que estaba".

Juan Echanove "Sancho Panza"

Arias dixo que o programa "Un país para comerselo" tiña unha premisa inicial que foi cambiando pero a idea era que Echanove facía unha viaxe e "tal como fixo Sancho Panza con don Quijote" logo invitáballe a el a sumarse aos seus descubrimentos, aínda que no programa de televisión a viaxe "tornouse compartida", agregou.

Echanove falou da serie na que son condutores "para que o espectador nos acompáñe nesta viaxe coa mesma intensidade e sentido do humor que nós transmitimos", explicou.

En relación a Galicia, referiuse ao prato de "croca" de tenreira (anaco de carne da cadeira) e aos viños tostados do Ribeiro como algo para reivindicar e incluído no guión por ese motivo, xunto con outros elementos gastronómicos máis coñecidos como a castaña, o "marrón glacé" e todo iso acompañado con imaxes obtidas desde "un paramotor" (parapente con motor) que sobrevoou parte da provincia.

Máis Galicia para comela


O primeiro capítulo dedicado a Galicia na serie "Un país para comerselo" (dos 26 que se gravarán) gravouse nas Rías Baixas e foi emitido hai un mes.

Echanove e Arias referíronse á gastronomía galega con dúas anécdotas. Unha delas referida á carne de vacún que prepara Gregorio Tolosa no seu restaurante navarro "Epeleta" de Lekumberri, e chámalles cando recibe unha canle de 150 quilogramos.

"O meu curmán -en alusión a Echanove- e eu ímonos alá cruzando 500 kilpometros ou os que faga falta para probar ese manxar cada vez que lle chega, e cando comemos o chuletón e preguntamos a Gregorio que ten esa carne para levarnos a nós desde 500 quilómetros, el contéstanos que é galega", explicou Arias.

Pola súa banda, Echanove explicou que durante as gravacións pásanse o día comendo porque todo o mundo dálles a probar as súas receitas e lembrou a experiencia recente dunha cea-almorzo, con café e bolería pouco antes de deitarse, nun restaurante no que a propietaria lles dixo: "Non poden irse de eiquí sen probar as miñas natillas".

"E púxonos diante dous tazons de medio litro cada un de natillas e estaba aquilo de rico, para llevarllo en fiambreira aos do resto do equipo", agregou.

Comentarios