'El Celler de Can Roca' leva o Premio Lola Torres do Grove

O restaurante El Celler de Can Roca gañou o premio gastronómico Lola Torres, que concede a Fundación Amigos de Galicia no Grove.

Trátase da duodécima edición deste premio, que se fai coincidir coa festa do marisco local.

O restaurante xerundense foi elixido entre 116 aspirantes de toda España.

A decisión do xurado foi anunciada hoxe no Concello do Grove nun acto presidido polo alcalde, Miguel Ángel Pérez, coa asistencia do presidente da fundación, Luis Rial, e do director de Competitividade da Axencia Galega de Turismo, José Luis Mestre.

Comentarios