O chef do Balneario de Mondariz, nomeado aos Premios Dagda

Iván Méndez, chef do Balneario de Mondariz, foi nomeado aos Dagda, Premios de Turismo e Gastronomía de Galicia que se entregarán o próximo 2 de marzo nunha gala en Pontevedra. Méndez, unha das apostas de futuro da cociña do Balneario de Mondariz Galega e a Asociación de Xornalistas e Escritores de Turismo, Agaxet, ideou o Bombón meloso de tenreira, castañas á vainilla e esferas de col ao aroma do Mencía, unha receita que aposta polos produtos da terra, pero adaptándoo á cociña de vangarda co sabor da vainilla.

A base do prato susténtase nunha carrillera de tenreira, un produto cun sabor pronunciado,  co complemento da castaña  e a vainilla que supón todo un contraste de texturas e sabores nas que os matices doces e amargos intégranse perfectamente no prato que termina cunha verdura de inverno, a col de Bruxelas, como guarnición. A sensación melosa e xelatinaza da tenreira é o resultado dun tratamento da carrillera a baixa temperatura; mentres que a castaña é cociñada ao baleiro.

O traballo de Iván Méndez, pertencente ao equipo de Henrique Prada no Balneario de Mondariz, foi recoñecido en anteriores ocasións en diversos certames e xornadas, sendo destacado o pasado verán co Premio Codorniú co aperitivo Corneto recheo de bacallau e queixo San Simón en merengue, outorgado no Concurso Cociñeiro do Ano que reúne a chefs de todas as comunidades autónomas. Recentemente Iván Méndez quedou finalista no I Concurso Nacional de Receitas de Rodaballo organizado polo FROM e a Xunta de Galicia co prato Rodaballo confeitado, aceite de pementos asados, torrefacto de oliva negra e gnocci de ourizo de mar.

Comentarios