O crítico Luís Paadín outorga na súa guía medallas a 90 viños de Ribeira Sacra

A Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia 2015, que elabora o catador Luís Paadín, recolle 90 medallas para os viños da Ribeira Sacra. A cifra case triplica as 35 distincións que os caldos da denominación lograron na anterior edición, a de 2014.

A publicación, que cumpre tres ano de vida, valora os caldos de todas as denominacións de orixe galegas e distínguelles con tres tipos de galardóns, gran medalla de ouro, ouro e prata. No caso da Ribeira Sacra outorgou once grandes ouros só a viños tintos, 51 medallas de ouro a brancos e tintos e 28 medallas de prata tamén a brancos e tintos. Para puntuar os caldos, o crítico Luís Paadín realizou catas a cegas en todas as denominacións.

A guía, do mesmo xeito que nas tres edicións anteriores, foi editada por Servino Consulting a través do sistema de micro-mecenado e nesta edición realizouse unha tirada de 2.000 exemplares que se poden adquirir ao prezo de 20 euros o exemplar en superficies comerciais, librerías e vinotecas especializadas.

A publicación conta con máis de 1.400 referencias de viño, 523 adegas e destilerías e 535 fichas de cata.

No caso da denominación de orixe Ribeira Sacra analizáronse os caldos dun total 93 adegas pero cada unha delas presentou varios viños ás catas. Por exemplo, a adega que máis premios acumula é Adegas Moure (O Saviñao) con oito galardóns a outros tantos viños. No caso da firma Algueira (Sober) distínguense sete caldos e outras adegas, como Adega Cachín, Casa Moreiras, Adega Vella ou o enólogo Roberto Regal, acumularon catro galardóns aos seus viños.

A publicación inclúe xunto a cada viño unha ficha técnica con datos referidos á súa produción, a inclinación do viñedo e outras cuestións técnicas. Pero tamén se dá outro tipo de información como o prezo da botella e unha breve referencia a aspectos cualitativos do viño como a presenza de froita, a referencia ao terreo, os matices de madeira ou unha previsión sobre a evolución dos caldos en botella.

O presidente da denominación, José Manuel Rodríguez, encomiou a publicación e a súa capacidade para achegar o viño ao consumidor do montón, así como a rigorosidade das valoracións.

GRANDES MEDALLAS DE OURO
Tintos
Adega Vella 2013, Algueira Pizarra 2011, Baluce 2012, Casa Noguedo 2013, Cruceiro 2013, Don Bernardino Barrica 2010, Linaxe de Lupián 2013, Noite Pecha 2012, Proencia Barrica 2009, Sollío 2013 e Vía Romana 2012
MEDALLAS DE OURO
Brancos
Abadía da Cova 2013, Algueira Cortezada 2013, As Glorias 2013, Casa Moreiras 2013, Moure Tradición 2013, Peza do Rei 2013, Ponte da Boga 2013, Sollio 2013, Viña Garoña 2013 e Viña Vella 2013
Tintos
Adega Vella 2012, 1985 El Origen 2012, Abadía da Cova 2013, Abadía da Cova Barrica 2011, Abadía da Cova de Autor 2011, Adega Vella Tradición 2011, Algueira Brancellao 2012, Algueira Carballo Galego 2011, Algueira Merenzao 2012, Bail 2012, Casa Moreiras Barrica 2013, Condado de Sequeiras Barrica 2011, Décima 2013, Diego de Lemos 2013, Estrela 2013, Expresión Gótica 2012, Finca Cuarta 2013, Fiume 2013, Guímaro 2013, Madialeva 2012, Malcavada 2013, Martín Lagarón 2012, Moncha Pombo 2012, Moure Tradición Joven 2013, Ora et Labora 2013, Os Cipreses 2013, Pero Bernal 2013, Peza do Rei Barrica 2011, Porvide 2013, Preanes 2013, Quinta de Albarado 2013, Regina Expresión 2011, Regina Viarum 2013, Sabtelius 2014, Sombrero 2013, Sombrero Barrica 2011, Val da Lenda 2013, Viña Regueiral 2013, Viña Ribada 2013, Viña Vella 2013 e VR Barrica 2011
MEDALLAS DE PRATA
Brancos
Brandán 2013, Condado de Sequeiras 2013, Diego de Lemos 2013, Finca Cuarta 2013, Guímaro 2013, Os Cipreses 2013, Sabatelius 2013 e Vía Romana 2013
Tintos
Cabo do Mundo 2013, Campaza 2013, Casa Moreiras 2013, Cepa Vella 2013, Ciudá Seis 2011, Condado de Sequeiras 2012, Don Bernardino 2012, Don Bernardino 2013, Don Diego 2009, Fuga 2013, Grolo a Grolo 2013, Peza do Rei 2013, Pincelo 2013, Ponte da Boga 2013, Proencia 2013, Quinta Toucedo 2013, Ribada Selección 2011, Terras Mouras 2013, Toalde 2013 e Viña Portotide 2013

Comentarios