O lacón e o mexillón de Galicia, recomendados pola Guía Repsol

A Guía achega aos lugares de orixe do Mexillón e o Lacón para facernos gozar das súas características e peculiaridades…,  onde nacen e das xentes que viven da súa produción. Respecto ao Lacón galego, fálase das “fontes do Miño e o enmeigo da Galicia interior” como parte esencial da excelencia deste produto. En conto ao Mexillón de Galicia, a Guia suxire unha Ruta pola costa de Ares-Sada para gozar deste molusco incomparable.

Desde a perspectiva nacional, a Guía Repsol recomenda por cada comunidade autónoma dous produtos da máxima calidade. Todos eles son comentados por expertos da Academia Española de Gastronomía. Ademais,  hai un apartado de información nutricional avalado pola Fundación Española da Nutrición.

Os itinerarios están avalados por expertos en información turística que, de forma moi visual, detallan a Ruta a seguir e os lugares a visitar en distintos puntos de toda a xeografía española.

Cada unha das rutas inclúe gran variedade de imaxes e apartados, como son: a visita obrigada, as festas, a ''sorpresa'',  etc.…Por outra banda, cada un dos itinerarios recomendados tamén ten en conta a súa Indicación Xeográfica Protexida. Todas as áreas seleccionadas contan co apoio das Consellerías de Turismo, Agricultura e Pesca das diferentes Comunidades Autónomas.

Os produtos seleccionados pertencen, ademais de Galicia, a Comunidade de Madrid, Cantabria, Principado de Asturias, Estremadura,  Illas Baleares,  a Comunidade Valenciana, Rexión de Murcia, A Rioxa, Aragón, Canarias, Andalucía, Castela-A Mancha, Castela e León, Cataluña, Navarra e País Vasco.

Comentarios