O selo de calidade da UE protexerá a Faba de Lourenzá

En seis meses a Faba de Lourenzá podería estar incluída na lista de produtos protexidos baixo o selo de calidade, despois de que o Diario Oficial da Unión Europea (UE) inicie os trámites para incluír a Faba de Lourenzá nesta categoría.

A protección transitoria da indicación Faba de Lourenzá foi aprobada o pasado mes de agosto. A partir de agora ábrese un período de seis meses no que calquera empresa ou particular de territorios integrados na UE poden presentar alegacións ao prego de condicións remitido polo departamento autonómico. De non presentarse ningún recurso en contra, a Comisión Europea poderá aprobar a normativa.

Características
A área de produción da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Faba de Lourenzá abarca o territorio da Mariña Lucense, en concreto os concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove.

A Faba de Lourenzá distínguese polas técnicas tradicionais mediante as que se cultiva, ademais de pola súa capacidade de absorción de auga e o seu comportamento en cocción.

Comentarios