O Tapicheo baterá a súa marca con 31 locais participantes

Un total de 31 establecementos participarán na terceira edición do concurso de tapas Tapicheo'09, que se celebrará en Sarria entre o 3 e o 8 de decembro. Estas cifras de participación supoñen unha marca, xa que na primeira edición concorreron 16 locais e o pasado ano foron 23.

Os establecementos participantes son: A Cantina, Adaxa, Alea, Andión, Anduriñas, Cactus, as cafeterías Central e Cristal, o cámping Vila de Sarria, Don Pepe, D'Pont, Dezasete, Flavia, o hotel Afonso IX, IBC, Il Fiorino, Kronos, Next, 8 MM, os mesóns Terras de Sarria, Roberto e O Tapas, A Española, O Camiño LH, O Chanto, Puzzle, Salento, Scream, Tres Cepas, Vilas e o Xuxú.

Segundo datos dos organizadores, a asociación O Porco Cebado e a delegación de Turismo do Concello, o pasado ano centos de persoas de diversos puntos da provincia degustaron algunhas das tapas. Entre os clientes, máis dun centenar visitaron polo menos 15 dos locais --os necesarios para participar na votación-- e 40 completaron todo o percorrido.

Os establecementos poden presentar ata dúas tapas, unha innovadora e outra tradicional. Os prezos de cada un dos pratos oscilarán entre os 20 céntimos e os 2 euros. Cada local contará cunha urna e mapas coa ruta do tapeo. Os clientes deben depositar os seus votos nas urnas, que serán recollidas o día 9 para proceder ao reconto. Os consumidores serán os encargados de elixir as seis mellores tapas, tres na categoría de innovadoras e outras tantas entre as tradicionais.

Comentarios