Elías Mora Crianza 2006

Zona DO: Toro. Colleita: 2006. Uva: Tinta de Touro. Maridaxe: Cochinillo asado ao forno de leña con guarnición de verduras. Grao: 14,5% vol. Temperatura de consumo aconsellada: 15º C.

Recentemente, un bo amigo, co que comparto o gusto polo viño, estivo en San Román de Hornija, en Valladolid, de onde nos trae un obsequio, o viño Elías Mora Crianza 2006 que hoxe imos catar.

Pechando os ollos podemos imaxinar que estamos a 800 metros de altitude, nunha terra que se asenta sobre chans calizos recubertos de gravas superficiais e con escaseza de materia orgánica. Unha terra marcada por un clima continental extremo, con poucas precipitacións. Nestas condicións, cultívase a tinta de Touro unha variedade de uva autóctona da que se descoñece a súa orixe exacta, aínda que se cre que se remonta á época romana. A plantación das cepas realízase de forma directa, sen injertar.

Picota
Vermello picota intenso con ribete granate tomado. En nariz é complexo, de moi boa intensidade, con marcado carácter mineral e terra mollada. Tamén aparecen froitas negras confeitadas, café e vainilla. O seu paso por boca é elegante. Moi carnoso, cos taninos presentes pero ben integrados e unha acidez xusta.

Comentarios