En frío

De sempre considerouse que os produtos derivados do porco ibérico tiñan unha composición graxa inadecuada para a saúde, recomendándose o seu consumo moderado e, incluso, prohibíndoo no caso de persoas que presentaban determinados padecementos ou cadros clínicos. Con todo, actualmente sábese que a súa graxa ten un alto contido en ácidos grasos monoinsaturados, concretamente en ácido oleico. Este ácido graso está amplamente presente na natureza e, especialmente, no aceite de oliva, cuxa graxa contén entre un 65% e un 80% do mesmo. Este alimento foi consumido durante séculos pola poboación mediterránea.

Ingredientes

  • Cabeza de porco ibérico.
  • Castañas.

Elaboración
Hai que pór a desalar a cabeza de porco ibérico e, unha vez realizado este proceso, hase de cocer durante 2 ou 3 horas. A continuación, desosar, prensar e deixar arrefriar. Unha vez cocidas as castañas, farase unha crema ou un puré que se utilizará para o recheo. Para presentalo córtase a cabeza fina na cortadora e énchese coa crema.

Comentarios