Ensalada

O salmón afumado é un alimento delicioso e moi sinxelo de preparar, de xeito que, con un pouco de tempo, pódese dispoñer deste produto de xeito caseiro.

O truco para acadar un bo resultado final está en deixar macerar o salmón durante tempo abondo nun preparado de sal, azucre e eneldo, dentro do refrixerador.

Ingredientes

  • Leituga
  • Salmón
  • Aceite
  • Vinagre de módena
  • Pemento vermello
  • Maionesa
  • Cogombros
  • Alcaparras
  • Cebola


Elaboración

Preparar unha salsa tártara picando a cebola, as alcaparras e os cogombros ben finos e, a continuación, engadir a maionesa.

O seguinte paso é facer noutro recipiente unha base de leituga picada en tiras. A continuación colocarase o salmón en láminas, aliñando con sal, aceite e o vinagre de módena. Finalmente, hai que cubrir a mestura coa salsa tártara. Pódese adornar con pementos vermellos para darlle un toque de cor.

Comentarios