Entrante

As moegas de cordeiro están tendo cada vez máis aceptación entre o público. Son un bocado delicado, cunha textura e sabor moi suaves.

Ingredientes

  • 100 gramos de fariña.
  • Un ovo.
  • Dúas culleradas de aceite de oliva.
  • Moegas de cordeiro lechal.
  • Cogomelos.
  • Loureiro.
  • Tomillo.
  • Pementa negra e sal.
  • Vinagre de Xerez.


Elaboración
Facer a masa coa fariña, o ovo, aceite e sal, amasar e deixar repousar unha hora protexida por un plástico film. A continuación,estírase cun rodillo e pásase polo peine dos espaguetis. Pódense refrixerar ou conxelar, segundo se precise. Cócese a pasta durante un minuto e medio e resérvase. Cóllense as moegas, enfríanse en auga con xeo para que se desanguen e blanquéanse cos aromáticos, ata que levante o fervor. Unha vez salpementadas e enfariñadas, frítense as moegas. Saltéanse os cogomelos e desglásanse con vinagre de Xerez. Por último, se xuntan os cogumelos e as moegas, saltéase a pasta e emprátase.

Comentarios