Este fin de semana, regresa a ''Feira do bonito'' de Burela

A localidade de Burela volve afrontar o seu particular gran cita gastronómica do ano. A ''Feira do Bonito'' é unha forma de demostrar as excelencias do mar, as variedades gastronómicas que pode ofrecer este peixe e o trato hospitalario que sempre caracterizou a esta zona da Mariña lucense, aberta ao Cantábrico.

Como non, tratándose de Burela, o bonito tiña que ser o indiscutible protagonista desta cita anual. E é que o porto de Burela é o líder no cantábrico no que á pesca deste animal refírese, debido á moderna e enorme flota pesqueira destinada a este labor proporcionando a Burela os mellores peixes e mariscos que lle deron a fama culinaria que hoxe posúe.

Desde 1983 leva celebrando tradicionalmente a ''Feira do bonito'' o primeiro fin de semana de agosto, atraendo a un gran número de visitantes de comarcas contiguas e de moitas outras localidades galegas e españolas. Os turistas achéganse a degustar o exquisito atún que se distribúe a un prezo sumamente económico entre todos aqueles que desexan participar na festa que se organiza no porto, especialmente acondicionado para a ocasión con numerosos postos que ofertan os seus pratos baseados no atún branco como ingrediente principal.

O atún branco, é unha variante do bonito das costas galegas cuxa principal caracrterística é a de posuír unha aleta moito menos espiñenta.

A idea partiu inicialmente de Xesús Gómez Lareo e Anxo Rodríguez, que intentaron coa instauración desta celebración promocionar a pesca e a enorme calidade do bonito en Burela. A data escolleuse, precisamente, por ser unha época na que o número de turistas que visitan o municipio chega ao seu punto álxido.

Ao longo dos anos, o éxito evolucionou de forma crecente, aumentando a repercusión e a magnitude da cita. Actualmente, trátase dunha auténtica congregación culinaria onde alegrar o padal co bonito do norte preparado de múltiples xeitos (en empanada, en conserva, á brasa, cocido...). Ademais, hai que engadir a degustación de varios mariscos e peixes da zona.

No entanto a preparación mais tradicional e coñecida do prato é en escabeche, aínda que hai outras formas como á vinagreta, ou á prancha, que tamén son moi habituais.

Pero ademais do mellor bonito, esta cita representa unha boa oportunidade para realizar turismo pola bela localidade de Burela. Os seus puntos máis rechamantes, como o porto ou o castelo, ou incluso desprazarnos a localidades veciñas do norte como Viveiro. Tamén hai unha área recreativa no monte de ''O Castelo'' desde onde se divisa unha panorámica de toda a costa lucense.

Comentarios