Evacuada en helicóptero unha moza que sufriu un accidente en Tordoia

O suceso produciuse na estrada que une Alxeriz e Cabaleiro, cando o coche que conducía a vítima se saíu da vía e envorcou

Unha moza de 23 anos foi evacuada en helicóptero medicalizado ao Hospital Clínico de Santiago tras sufrir un accidente de tráfico na localidade coruñesa de Tordoia.

Segundo informaron fontes do Centro de Atención a Urxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 12.30 horas deste xoves na estrada que une Alxeriz e Cabaleiros, onde o coche que conducía a moza saíuse da estrada e envorcou.

Ata o lugar do suceso desprazáronse os Bombeiros de Ordes, a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local, así como o helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago, que trasladou á ferida ata o Hospital Clínico de Santiago.

Comentarios