Fene celebra o seu segundo Concurso de Tapas

Do 12 ao 29 de marzo, ambas as datas incluídas, celébrase o Concurso de tapas do Concello de Fene, o o que cada establecemento elaborará unha tapa tradicional ou creativa, que son as categorías dispoñibles. Pero as regras establecen que soamente é posible elaborar unha tapa por local e categoría.

As tapas están expostas á degustación popular de xoves a domingo de 12.30 a 15.00 e de 20.00 a 22.00. Cada tapa terá un cartel que a identifique co nome da tapa a unha urna onde depositar os cartóns para o sorteo de diversos premios. Entre todos os cupóns sortearanse10 bonos de 30 euros cada un que poderán ser empregados nas tendas pertencentes á Asociación de comerciantes de Fene.

A Feneruta
A Feneruta é un díptico que inclúye os establecementos participantes no concurso, que pode ser retirado en calquera dos amentados establecementos. Noutras palabras, a guía perfecta para ir de tapa en tapa que será selada en cada establecemento, lista para ser depositada na urna. Deste xeito, o participante máis votado será o gañador. Entre os votantes sortearanse estancias de fin de semana en casas rurais das comarcas Ferrol-Ortegal.

Votación polo xurado
Pero ademais do voto popular, un xurado especializado determinará os seus propios gañadores e os subcampións en cada categoría. O día 16 ou o 17, dependendo da dispoñibilidade, procederase á entrega de premios e ao sorteo para o público participante.

Comentarios