Fene organiza o seu III Concurso de Tapas

O concello coruñés de Fene organizará entre os días 5 e 21 de marzo o seu III Concurso de Tapas. Este mércores o alcalde da localidade, Iván Puentes, e o representante da Asociación C.H. e S. de Fene O Cruceiro, Guillermo Lago Breijo, realizarán a presentación do evento co obxectivo de dianmizar esta actividade do sector da hostalería.

Nesta edición, dez establecementos competirán nas categorías de tapa tradicional e tapa creativa, ademais do premio na categoría popular, que será elixido polos que decidan degustar os pratos ofrecidos. Poderán facelo os venres desde as 19 ata as 22 horas e os sábados, domingos e festivos de 12:30 a 15 e de 19 a 22 entre as datas nas que se disputará o concurso.

Comentarios