Ferido un operario tras caer desde unha altura de dous metros en Rianxo

O traballador precipitouse desde o segundo ao primeiro piso dun inmoble en construción

Un operario requiriu este mércores asistencia médica en Rianxo tras caer duns dous metros de altura cando traballaba nunha casa en construción, na zona do patio da vivenda. En concreto, precipitouse desde o segundo ao primeiro piso do inmoble e, como consecuencia do impacto, sufriu diversas fracturas. 

O accidente produciuse sobre as 13.20 horas e  o ferido tivo que ser trasladado a un centro médico. Para iso, foi rescatado cunha padiola por efectivos dos bombeiros de Boiro, xa que a caída rexistrouse nunha zona de difícil acceso.

Comentarios