Festa da Troita da Pontenova

Pescador en plena faena (Galiciae)
photo_camera Pescador en plena faena (Galiciae)

A celebración, que alcanzou a categoría de interese turístico, ten lugar cada primeiro de maio. Constitúe unha cita ineludible tanto para os afeccionados á pesca como para os amantes de degustar este peixe de río.

Ademais da degustación de troitas, o programa de actos adoita completarse con exhibicións de pesca,  o tradicional pregón, exposicións e verbena.

A festa adoita concentrar tamén na Pontenova a boa parte dos mellores produtos artesanais da zona, que se pon á venda en diversos postos.

Comentarios