Festa do mexillón en Laracha

O día 27 de agosto ás 20:00 horas comezará a gran "Mexillonada" para que todos os asistentes ao evento poidan degustar este exquisito bivalvo elaborado na súa forma máis tradicional, ao vapor. O prezo para cada dúas racións completas será de 6 euros, que estarán acompañadas de pan e viño a repetir.

Ás 21:30 h. a Asoc. Cultural de Santa María de Torás ofreceranos unha actuación de baile e música tradicional, e media hora máis tarde gozaremos cunha actuación de baile a cargo do dúo "Jovi".

á vez do evento gastronómico, ás 18:30 h. na Pza. Eduardo Vila Fano de Caión, os asistentes poderán achegarse a gozar dunha exposición de coches "Seat 124" que pasarán de visita por esta localidade durante a tarde do Sábado.

Comentarios