Filetes de linguado ao Albariño

Ingredientes

Sal,
Pementa,
Loureiro, 1 folla
Allo porro, 1
Patacas, 2 ducias
Fariña, 25gr.
Manteiga, 50gr.
Fumet de peixe, 250ml.
Xemas de ovo, 2
Viño albariño, 250ml.
Nata líquida, 250ml.
Perexil, unhas ramas
Linguado, 8 filetes
Camaróns, 200gr., pelados
Champiñones, 200gr., laminados
Florones de hojaldre, 4


Preparación

Pélanse os linguados, se filetean e coas espiñas faise o fumet co allo porro, un chorro de aceite e unha rama de perexil. (Pouca cantidade de auga para que salga con bo sabor.)
Nunha fonte fonda pomos os filetes a pochar cos camaróns, os champiñones e o viño e métese ao forno, tapado, 5 minutos.
Nun cazo pomos a manteiga e facemos a bechamel co viño dos filetes e o fumet, ponse nata e déixase cocer ben. Retírase do lume e ponse as xemas de ovo quedando a salsa terminada.
Nunha fonte pomos os filetes cos camaróns e os champiñones. Adórnase coas patacas e os florones de hojaldre e perexil picado.

Comentarios