Este venres Galicia quedará cun réxime de ventos do suroeste que achegarán moita humidade e achegarán polo oeste unha fronte pouco activa.
Así, durante a mañá os ceos estarán parcialmente cubertos, con bancos de néboa no interior.
As nubes irán en aumento co avance do día, con choivas que comezarán a partir do mediodía na metade oeste.
O vento soprará frouxo do suroeste. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso mentres que as máximas quedarán sen cambios ou con lixeiros descensos.