Frutas Nieves abriu 16 establecementos en dous anos

Logotipo de Frutas Nieves
photo_camera Logotipo de Frutas Nieves

Frutas Nieves consolidou a súa expansión en Galicia coa apertura de 16 establecementos en dous anos, alcanzando unha cifra global de negocio de 14,4  millóns de euros no 2007, exercicio no que xerou 27 postos de traballo directos.

A distribuidora conta cunha rede de máis de 60 establecementos de venda de froitas e verduras, que no 2007 incorporou 3 puntos de venda propios, 4 franquiciados e outros 4 asociados e pechará o primeiro semestre do 2008 coa apertura de 3 novas tendas.

Neste 2008, Frutas Nieves ten prevista a inauguración de dous establecementos da súa liña de restauración, Cocó, a primeira cadea de restaurantes de cómida rápida de Galicia baseada na alimentación sa e saudable.

Diversificación
Ademais, segundo aseguran os seus responsables, a empresa mantén unha “constante aposta” pola diversificación das súas liñas de negocio e comezou a comercializar unha variada variedade de froitas e verduras peladas e troceadas, crudités e brochetas de froitas listas para consumir dirixida inicialmente ó Canle Horeca (Hostalería, Restauración e Catering).

A compañía asegura ademais que “a calidade da materia prima é o eixo da filosofía empresarial de Frutas Nieves", que conta coa certificación Iso 9001 como garantía do mellor produto seleccionado.  Para asegurar a distribución dos seus produtos en óptimas condicións, a empresa dispón dunha frota de transporte acondicionado e realizou un importante investimento económico nunhas amplas e modernas instalacións que albergan a súa sede e centro loxístico no Parque Tecnolóxico Valladares de Vigo.

Comentarios