Gadisa mostra as súas instalacións ao Conselleiro de medio rural, Samuel Juárez Casado

Gadisa contribúe á dinamización da economía galega e á estabilidade do sector agroalimentario coa adquisición de produtos do campo a máis de 1.000 produtores e cooperativas da nosa comunidade autónoma

O Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez Casado, e o Director Xeral de produción agropecuaria, José Álvarez Robledo, visitaron a sede de Gadisa,  empresa líder de distribución do Noroeste Peninsular con capital 100% galego.

Durante a visita, na que estiveron acompañados por Roberto José Tojeiro Rodríguez, Vicepresidente executivo de Gadisa, percorreron as instalacións de 70.000 m2 nas que se atopan as oficinas do grupo, os almacéns centrais e a plataforma loxística de produto fresco, de 102.000 metros3 de volume refrigerado.

Nesta plataforma recíbense diariamente os produtos do campo galego, xa que Gadisa anualmente adquire artigos por valor de 238 millóns de euros a preto de 1.000 produtores e cooperativas da nosa Comunidade Autónoma, contribuíndo de forma importante á dinamización da economía e á estabilidade do sector agroalimentario en Galicia.

Doutra banda, puideron coñecer tamén a nova liña automatizada de produto fresco, que ordena e clasifica a froita e verdura para a súa distribución nunha flota propia de transporte refrigerado, garantindo a calidade e trazabilidad do produto desde a orixe a todos os puntos de venda do Grupo. Este sistema reforza a Prevención de Riscos Laborais xa que os operadores reciben as caixas de produtos a unha altura standard, evitando movementos e posicións de risco.

Gadisa,  con máis de 700.000 clientes, é a cuarta compañía de Galicia e ocupa o 7º posto no ranking de empresas nacionais de distribución.  Conta con 194 Supermercados Gadis, 10 Centros Comerciais Haley, 12 establecementos almacenistas Cash IFA e 192 Supermercados Claudio franquiciados.

Comentarios