O domingo Galicia continuará nunha circulación de vento do nordés. Deste xeito, os ceos estarán despexados na metade sur, con máis nubes no norte do territorio e posibilidade dalgunha chuvia feble no litoral de Lugo.
As temperaturas mínimas non terán cambios e as máximas experimentarán un lixeiro descenso. O vento soprará forte do nordés.