Galicia, potencia en produción de kiwi dentro de España

Imagen de la web de la empresa Kiwi Atlántico, con sede en Galicia
photo_camera Imagen de la web de la empresa Kiwi Atlántico, con sede en Galicia

En Galicia hai 500 hectáreas dedicadas ao cultivo do kiwi, o que supón o 62,5% da produción de España. Estas áreas sitúanse sobre todo no sur da provincia de Pontevedra, aínda que a nosa Comunidade dispón tamén doutra zona de cultivo desta froita na contorna da comarca de Ferrol.

Do total de superficie, 172 hectáreas están inscritas baixo as técnicas de produción integrada, ao mesmo tempo que destacadas empresas comercializadoras de froita están a apostar por Galicia como centro de subministración deste produto. O cultivo na Comunidade galega adoita adiantarse entre 10 e 15 días con respecto a outras zonas produtoras de Europa, o que permite recoller froitas en excelentes condicións de maduración, superando ata as condicións esixidas pola UE. A recolección adoita practicarse entre finais de outubro e finais de novembro.

Congreso internacional
Estes datos foron difundidos con motivo do Congreso Internacional de Kiwi celebrado esta semana en Santiago e organizado pola Asociación Produtora de Kiwi que integran Italia, Francia, Nova Zelandia, Chile, Corea, Irán, Estados Unidos, Xapón, Portugal e España. Promover o consumo do kiwi no ámbito internacional e pór en valor a produción están entre os obxectivos deste encontro, que se desenvolveu en Galicia por vez primeira logo de oito anos de participación activa da nosa Comunidade nesta cita internacional.

O congreso, que se celebra en setembro por ser o mes que mellor se axusta aos produtores dos dous hemisferios, quixo incidir ademais sobre os beneficios do kiwi para a saúde humana, así como activar campañas de promoción como a que entre 2007 e 2009 desenvólvese en Estados Unidos para mellorar a dieta dos cidadáns norteamericanos.

Comentarios