Galicia segue este mércores baixo a influencia da borrasca Bárbara

Será unha xornada de ceos cubertos e chuvascos frecuentes
Predicción para este miércoles. METEOGALICIA
photo_camera Predición para este mércores. METEOGALICIA

Galicia continuará este mércores baixo a influencia da borrasca Bárbara, con ventos do suroeste. Desta forma, espérase unha xornada de ceos parcialmente cubertos, con chuvascos máis frecuentes no sur e oeste e moito máis illados e ocasionais no terzo norte.

As temperaturas quedarán sen cambios significativos, e os ventos soprarán do suroeste, moderados en xeral, aumentando a fortes entre Bares e Fisterra.

Temperaturas mínimas e máximas previstas nas cidades: 
A Coruña 15º 20º; Ferrol 13º 21º; Lugo 8º 20º; Ourense 11º 23º; Pontevedra 14º 20º; Santiago 12º 18º; Vigo 16º 22º.

Comentarios