martes. 07.07.2020 |
El tiempo
martes. 07.07.2020
El tiempo

Galicia terá este sábado ceos pouco anubrados e temperaturas en descenso 

Mapa da previsión do tempo para este sábado.METEOGALICIA
Mapa da previsión do tempo para este sábado.METEOGALICIA

Este sábado espérase predominio da influencia anticiclónica sobre Galicia pero continuará certa inestabilidade atmosférica. Con esta situación, o ceo estará pouco anubrado ou despexado con brétemas costeiras e nubes de evolución que crecerán no interior durante a tarde, que poden deixar chuvascos tormentosos.

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo, do nordés en xeral, máis intenso no litoral norte.

Pola súa banda, as temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro descenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios ou con lixeiros descensos no litoral norte.

Deste xeito, nas cidades galegas as máximas subirán até os 34 graos en Ourense, mentres os valores mínimos descenderán até os 12 graos en Lugo, provincia na que se esperan precipitacións.

TEMPERATURAS MÍNIMAS E MÁXIMAS POR CIDADES
A Coruña     15°     21°

Ferrol     12°     31°

Lugo     12°     32°

Ourense     16°     35°

Pontevedra     17°     30°

Santiago de Compostela     16°     31°

Vigo     19°     29º

Galicia terá este sábado ceos pouco anubrados e temperaturas en...
comentarios