Galicia vivirá un domingo de transición cara á melloría

O ceo estará parcialmente cuberto en boa parte da comunidade
MeteoGalicia

O domingo será unha xornada de transición no que ao tempo se refire en Galicia, onde haberá ventos do suroeste.

Polo tanto, segundo o prognóstico deMeteogalicia, o ceo estará parcialmente cuberto nas provincias da Coruña e Pontevedra sen descartar precipitacións débiles no norte da Coruña. No leste da comunidade haberá alternancia de nubes e claros en xeral.

As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente e as máximas experimentarán lixeiros ascensos.

O vento soprará frouxo de compoñente oeste en xeral con intervalos moderados entre a Costa da Morte e Estaca de Bares.

Temperaturas extremas previstas nas cidades:
A Coruña 15° 22°; Ferrol 15° 22°; Lugo 14° 23°; Ourense 14° 27°; Pontevedra 14° 23°; Santiago 13° 22°; Vigo 14° 23°. 

Comentarios