Galiciaé e Aprendum invítante a formarte como profesor de español ou inglés para estranxeiros

Estes cursos poden ofrecerche unha interesante saída laboral en calquera lugar do mundo e proporcionarche unha valiosa fonte de ingresos para vivir a túa experiencia noutro país
Ejercer como profesor de inglés o español para extranjeros está al alcance de tu mano
photo_camera Ejercer como profesor de inglés o español para extranjeros está al alcance de tu mano

Se che gusta viaxar e coñecer outras culturas, Galiciaé e Aprendum poñen agora á túa disposición unha oportunidade única de formarte como Profesor de Español como Lingua Estranxeira (ELE) ou Profesor de Inglés como Lingua Estranxeira (TEFL), cursos que poden proporcionarche unha importante saída laboral en calquera lugar do mundo e facilitarche unha valiosa fonte de ingresos para vivir a túa experiencia noutro país.

Se temos en conta que tanto o español como o inglés son os idiomas máis demandados a nivel mundial, aprender a ensinalos a alumnos de calquera país e cultura é unha excelente oportunidade para atopar emprego e manterte economicamente alí onde esteas. 

Ambos os cursos seranche de gran axuda á hora de aprender a planificar as clases e transmitir os contidos en función da idade e o nivel do alumno. Ensinaranche os métodos didácticos máis adecuados para lograr unha aprendizaxe eficaz, apoiado en exercicios, xogos, presentacións, material audiovisual, etc.

Os cursos están dirixidos tanto a persoas nativas como non nativas, aínda que no caso do TEFL requírese ter amplos coñecementos de inglés, xa que é unha formación de nivel avanzado. O seu formato online permitirache marcar o teu propio ritmo de estudo, e contarás con titores especializados para axudarche na aprendizaxe e na resolución de todas as túas dúbidas.

En ambos os casos obterás, á finalización do curso, o Certificado Acreditativo que te facultará para exercer de profesor de español ou inglés como lingua estranxeira en centros educativos, empresas, ou ensinando a particulares en calquera parte do mundo. Non deixes pasar a oportunidade que agora che ofrece Galiciaé de conseguir a túa certificación ELE ou TEFL ao exclusivo prezo promocional de 59 euros. Acceder a unha oportunidade laboral en calquera país do mundo está ao alcance da túa man!

Comentarios