Gallaecia premia as mellores augardentes e licores tradicionais galegos

A Asociación de Catadoras Gallaecia presentou hoxe en Santiago as augardentes e licores tradicionais distinguidos cos os premios que lle dan nome ao colectivo. En total foron 18 as marcas seleccionadas, entre augardentes brancos, envellecidos, de herbas, e licor café.

Nesta edición das 'Distincións Gallaecia 2009', concurso oficialmente recoñecido polas Administracións central e autonómica, participaron 25 empresas, entre adegas e destilerías, que achegaron á cata 54 marcas.

En augardentes brancos resultaron gañadores 'Fefiñanes' (Adegas Palacio de Fefiñanes), 'Lauro de Nobreza' (Adegas Campante), 'Pazo Casanova' (Adegas Pazo Casanova), 'Pazo Señoráns' (Adegas Pazo Señoráns), 'Valdoviño' (Destinería Pazo Valdoviño) e 'Zárate' (Eulogio Pomares Zárate e Fillos).

En augardentes envellecidos obtiveron a distinción as marcas 'Fefiñanes Envellecido' (Adega Palacio de Fefiñanes) e 'Fillaboa Envellecido' (Adegas Fillaboa), mentres que 'Pazo Valdomiño Augardente de Herbas' (Destilería Pazo Valdomiño) foi o gañador na modalidade de augardentes de herbas.

En licores de herbas houbo cinco distincións, que foron para 'Lúa Licor de Herbas' (Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro), 'Quenza Licor de Herbas' (Sidrería Galega), Pazo Valdomiño Licor de Herbas' (Destilerías Pazo Valdomiño), 'Terras Celtas Licor de Herbas' (Destilería Pazo Valdomiño) e Vila Branca Licor de Herbas (Adegas Viña Branca do Salnés).

Para rematar, no apartado de licor café, os 14 catadores que participaron decantáronse por 'Quenza Licor Café' (Sidrería Galega), 'Pazo Galegos Licor Café' (Adega Manuel García Gómez), 'Pazo Valdomiño Licor Café' (Destilería Pazo Valdomiño) e 'Terras Celtas Licor Café' (Destilería Pazo de Valdomiño).

Augardentes e licores foron premiados por categorías, segundo destacou o presidente da Asociación de Catadoras de Gallaecia, Xurxo Rivas.

FRAUDE E SENSIBILIZACIÓN

Con motivo de dar a coñecer os galardóns, o presidente do Consello Regulador da Denominación Específica Bagazo de Galicia, Evaristo Rodríguez, informou dunha próxima campaña de sensibilización para que se adquiran os produtos amparados pola denominación, posto que "ao redor dun 70% do consumo é fraudulento", con produtos elaborados a partir dunha augardente que non pasa o control sanitario, nin ten calidade, mentres que a súa produción non é caseira, como frecuentemente se sinala, senón industrial.

Esta situación destacou Evaristo Rodríguez que "está facendo moito dano" e que actualmente sucede coas augardentes o que ocorreu cos viños anos.

No entanto, Evaristo Rodríguez insistiu en feito de que estes alcois que eluden todo tipo de controis, incluído o sanitario, "e calquera día pode pasar algo", advertiu.

Do Consello Regulador saen anualmente para a venda entre 500.000 e 600.000 botellas de augardentes e licores, cun incremento de ao redor dun 20% da produción de produtos amparados.

Mentres que Madrid, Cataluña ou a Cornixa Cantábrica estean entre os principais mercados de venda destes produtos, o que se exporta está en torno ao 5%.

Comentarios