Gran final do III concurso autonómico de cortadores de Xamón

O Club Profesional de Cortadores de Xamón de Galicia convoca, por terceiro ano consecutivo, o CONCURSO AUTONÓMICO DE CORTADORES DE XAMÓN, o próximo 2 de outubro, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

O concurso comezará inmediatamente logo da inauguración da feira Expolugo.

Os participantes de toda Galicia, terán que competir por alcanzar as máximas cualificacións tendo en conta o estilo, o grosor e o tamaño da loncha, a limpeza ou a rectitud no corte, a ración de de 100 gamos, entre outros aspectos. Un xurado especializado valorará todos os puntos e seleccionará o mellor cortador de Galicia, defendendo durante un ano o título de Campión Galego de Corte de Xamón 2009, que lle dará a oportunidade de participar noutros concursos nacionais.

Desenvolveranse dúas quendas de 4 cortadores cada unha. Os catro participantes que obteñan mellor puntuación pasarán directamente a unha rolda final de onde sairán o Campión e o Subcampión de Corte de Xamón de Galicia.

Ademais de trofeos e diplomas acreditativos, os gañadores recibirán importantes premios en metálico.  

Todos aqueles profesionais que desexen participar neste campionato poden porse en contacto co Club Profesional de Cortadores de Xamón  a través do mail [email protected] ou no 639 155 332.

Comentarios