Ferido o dono dunha librería de Ourense tras precipitarse desde unha escaleira

O accidente tivo lugar este domingo e o home foi trasladado ao hospital

O dono dunha librería de Ourense tivo que ser trasladado a un centro hospitalario logo de sufrir unha caída desde unha escaleira, segundo informou o CAE 112 Galicia.  

O accidente tivo lugar ao redor das 16.45 horas deste domingo na librería do accidentado, situada na rúa San Rosendo de Ourense.  

O 112 Galicia puxo o suceso en coñecemento de Urxencias Sanitarias 061, que trasladou ao ferido a un hospital. Ademais, o CAE tamén deu aviso á Policía Nacional e Local de Ourense e a Protección Civil.

Comentarios