Ferido un neno en Fene tras ser atropelado

O menor foi evacuado ao hospital

Un neno de seis anos resultou ferido en Fene tras sufrir un atropelo. O menor foi evacuado a un centro hospitalario. 

O accidente produciuse no aparcadoiro dun supermercado situado no barrio de San Valentín. 

O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos ás 18.50 horas deste xoves, a través dun aviso de Urxencias Médicas. Os efectivos sanitarios explicaron que estaban a enviar unha UVI móbil ao lugar dos feitos para asistir á vítima. Pola súa banda, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertou aos Bombeiros de Ferrol, ao GES de Mugardos, a Protección Civil e á Policía Local.

Comentarios