Hoxe e mañá Saber vivir e Galiña Branca chegan a Monforte e Carballiño

Hoxe martes, ás 18'00h, no Auditorio do Edificio Multiusos de Monforte ten lugar a acción formativa ‘SABER VIVIR + CERCA: 1as XORNADAS DE SAúDE E NUTRICIÓN GALIñA BRANCA', organizada pola empresa líder en alimentación Galiña Branca e o equipo do Club Xente Saudable do programa de TVE ''Saber vivir'', e avalada pola Fundación dieta Atlántica. A xornada será presidida por D. Severino Rodríguez Díaz, Alcalde de Monforte, e intervirán D. Rafael Tojo, catedrático de pediatría e patrón da Fundación Dieta Atlántica, e D. José Antonio López Gómez, membro da Asociación de Dietistas e Nutricionistas.

Esta actividade consiste nunha serie de conferencias, impartidas por expertos nutricionistas, co obxectivo de concienciar á poboación española sobre a necesidade das boas prácticas no consumo dos alimentos e no coidado da saúde individual e familiar.

O crecente aumento dos malos hábitos alimentarios na poboación foi o factor determinante para crear este proxecto. As tendencias detectadas en numerosos estudos médicos, dietéticos e nutricionais, puxeron de relevo as malas prácticas e os falsos mitos da saúde na sociedade española. As taxas de obesidade crecen cada ano, alcanzando xa ao 13% dos nenos e os adolescentes, e ao 15% dos adultos españois.

A través desta acción formativa,  Galiña Branca e Saber Vivir chegarán aos habitantes de diferentes cidades do territorio español, durante o primeiro semestre deste ano, habéndose celebrado xa en Barcelona, Alcalá de Henares, Santiago de Compostela, Ferrol, Burgos, Porto de Santa María, Xixón, Haro e Monzón, e tendo previsto o seu paso por outras Comunidades Autónomas.

Tras a súa intervención en Monforte, o equipo trasladarase a Carballiño, onde levará a cabo unha xornada presidida por D. Carlos Montes, Alcalde de Carballiño, acompañado de Dna. Asunción Rivero, Concelleira de Servizos Sociais.

Comentarios