II Sardiñada popular Fin de Verán, en Viveiro

O sábado 24 de setembro terá lugar en Viviero unha sardiñada conmemorativa do fin da época estival deste ano. Así, na coñecida como Casa do Forno de Celeiro celebrarase a II Sardiñada popular Fin de Verán, na que todos os visitantes gozarán do prato deste produto a un prezo de 5 euros, previo pago dunha entrada ao recinto de 2 euros.

Amenizarán a xornada o grupo Aguamarina e Dj Kanu.

Comentarios