En Galicia 77 restaurantes ofrecen menús sen gluten

A poboación media afectada pola enfermidade celíaca é dunha de cada cen persoas e maniféstase como unha intolerancia permanente ao gluten, proteína que está en trigo, cebada, centeo, avena, espelta e outros cereais utilizados non só para o máis evidente como pan, enpanadas e doces, senón tamén como espesantes ou aromas en conservas e outros usos.

Capdevila explicou que a maior parte dos enfermos está sen diagnosticar.

A asociación galega conta xa con 2.100 socios e que desde hai catro anos loitan por facerse visibles "para poder reclamar así máis atención das empresas alimentarias e dos locais de comida, nos que atopamos cada vez máis apoio", agregou.

Nese sentido, recordou que en catro anos formaron xa a encargados e traballadores de 77 restaurantes repartidos por toda Galicia e a todos entregaron un logotipo identificativo que poden colocar na porta de entrada e nas súas cartas de produtos.

"Trátase de que os enfermos celíacos poidan exporse con normalidade comer fóra da súa casa e para iso, o sector da restauración vaise mentalizando de que non é complicado senón simplemente require información".

Os restaurantes con menús sen gluten deben preparar en recipientes e ferros separados os alimentos para celíacos e manipulalos evitando o seu contacto cos outros produtos para que non se contaminen co gluten dos alimentos máis habituais.

Regulamento europeo con polémica

A vida cotiá dun celíaco tamén será máis fácil coa nova lexislación europea que entrará en vigor en 2012 en relación ás etiquetas dos alimentos xa que os identificados como "sen gluten" serán aqueles que teñan menos de 20 partes por millón (ppm) dese composto.

Segundo Capdevila, hai alimentos tradicionalmente elaborados con gluten que aos poucos, van aparecendo nos supermercados na súa variante "sen gluten", como ocorre cos embutidos, salsas e moitos doces, incluso nos máis tradicionais como palmeiras de chocolate e churros.

O problema do futuro regulamento estará na nova etiqueta para alimentos "de baixo contido en gluten" pois, segundo Capdevila, aumentará a confusión xa que se referirá aos que teñan de 20 a 100 ppm de gluten "e esta concentración, inxerida en varios alimentos, xa se fai importante e é nocivo para nós".

Entre as reivindicacións pendentes para estes enfermos, está tamén a equiparación de prezos nestes produtos pois actualmente, os "sen gluten" clasifícanse entre os alimentos "de dieta" e xa que logo, son moito máis caros cando, en realidade, son os únicos que poden consumir os celíacos para evitar os síntomas da súa enfermidade, que afecta con diversa gravidade ao intestino.

Restaurantes

O restaurante con menús e cartas de alimentos para celíacos repártense en Galicia a razón de 33 na provincia da Coruña, dos que 10 están na cidade costeira e outros 8 en Compostela, na provincia de Pontevedra son 28 dos que dez están en Vigo, mentres que nas provincias de Lugo e Ourense hai oito en cada unha.

O sábado día 26 de maio o Instituto de Educación Secundaria "Fontiñas" de Compostela, converterase nun gran espazo adaptado aos celíacos que participen nun encontro programado pola asociación galega xunto con expositores alimentarios que oferecerán unha comida "sen gluten" a partir das 13:30 horas.

Comentarios