A carne de raza cachena centra un showcooking

El 'showcooking' en la Taberna do Labrego de Baamonde (Fotos: C. PÉREZ)
photo_camera El 'showcooking' en la Taberna do Labrego de Baamonde (Fotos: C. PÉREZ)

A Taberna do Labrego de Pacios, en Begonte, foi o lugar escollido para organizar un dos showcooking de cociña autóctona que promove a Deputación de Lugo en colaboración cos respectivos establecementos.

Nesta ocasión, o responsable do local, José Ángel Corral, presentoulles aos asistentes a esta demostración un menú elaborado a base de carne de vacas de raza autóctona cachena, criadas na explotación Cachenas de San Breixo de Triacastela -o propietario, Jordi Ánguez, ofreceu explicacións e resolveu dúbidas sobre a raza-, cos caldos de Adegas Moure como acompañamento.

Carpaccio de solombo con vinagreta acompañado de albariño Abadía da Cova, Solombo de cachena con redución de Abadía da Cova xoven, Entrecot de vaca cachena á grella de pedra volcánica e redondo de cachena ao Abadía da Cova de barrica foron os pratos servidos, completados cunha xelatina de gin tonic Ana de postre.

«Estes eventos terían que ter máis presenza en Lugo, porque debemos intentar profesionalizar o sector», explica José Ángel Corral, quen defende que dende as zonas rurais se pode «potenciar a cociña conservando a tradición pero introducindo técnicas modernas, con novos sabores ou novas texturas, porque iso é o que demanda a nova cociña».

Corral recorda ademais que hai sabores ou texturas que se perderon na cociña tradicional e que se poderían recuperar, tal e como está a facer a alta cociña.

Comentarios