A D.O. de Ribeiro participa na 'Hong Kong International Wine & Spirits Fair'

Os viños da Denominación de Orixe Ribeiro estarán presentes desde este mércores na feira Hong Kong Internacional Wine & Spirits Fair, que se desenrolará ata o día 6 de novembro para público profesional no recinto feiral Hong Kong Convention and Exhibition Centre.

O C.R.D.O. Ribeiro conta cun stand propio de 12 metros cadrados dentro do pavillón español do ICEX, onde están de xeito presencial as adegas Vitivinícola do Ribeiro (Viña Costeira), Viña Mein, Javier González Vázquez (Casal de Armán), María Álvarez Serrano (Coto de Gomariz) e Produccións Amodiño (Sanclodio).

Neste espazo poderanse degustar tamén os viños das adegas Campante (Gran Reboreda), San Roque (Terra do Castelo), Docampo e Nairoa, xa que estarán de modo non presencial e as súas marcas serán representadas por persoal do Consello Regulador.

O mercado de Hong Kong é un mercado dos que máis renda ten en Asia, no cal o aumento de consumo de viño ten un crecemento constante e ademais carece de aranceis. Debido a este potencial que ten o mercado do viño nesta cidade, el C.R.D.O. Ribeiro decidiu participar nesta feira.

Comentarios