A festa da filloa en Muimenta xa quenta motores

pa fuera.jpg
photo_camera pa fuera.jpg

Esta festa creouse para dar a coñecer o pobo e recuperar un dos produtos típicos da ''Terra Chá'': a filloa.

Nace no ano 1992 da comisión da feira das mostras e exposicións (MOEXMU).
Esta festa crece cada ano máis. Entre os seus atractivos destacan as "fiolleiras", mulleres que se encargan de cociñar tan rico manxar, concursos de gando, produtos da zona (mel, queixo, artesanía...) e a degustación da protagonista da festa, a filloa.


Ademais, o menú compleméntase con churrasco, chourizo, criollo, pan, viño, café e ''queimada''. Unha proposta alimenticia de produtos ligados a Galicia que invitan a gozar da festa. Os veciños axudan na execución da mesma, ben sexa achegando produtos ou de forma monetaria.


As filloas de muimenta fanse cos mesmos ingredientes que noutros pobos, pero o agarimo co que as súas cociñeiras as preparan e as diferentes formas que varían de cociñeira a cociñeira, fan que as filloas sexan distintas unas doutras e cada unha delas ten un carácter e sabor especial e irrepetible.

En definitiva, unha festa que invita a gozar de multitude de produtos, especialmente as filloas, e a pasar un intre agradable coa mellor compañía na localidade de Muimenta. Esta celebración foi declarada de interese turístico de Galicia.

Comentarios