A ''Galicola'' cumpre un ano en cristal e con cafeína

Xan Bagaría con Galicola y con otro invento gallego, el futbolín
photo_camera Xan Bagaría con Galicola y con otro invento gallego, el futbolín

O proxecto "Galicola" naceu hai un ano na asociación cultural "Fontaira", con sede en Vigo e o dobre obxectivo de axudar a combater a globalización das marcas estadounidenses "Coca-cola" e "Pepsi-cola" e axudar a proxectos de entidades sen ánimo de lucro destinados á defensa da lingua galega, aos que dedican o 5 por cento dos beneficios anuais.

Un ano de consultas para introducir cambios


As primeiras "Galicolas" distribuíronse en bares e centros sociais de toda Galicia en outubro de 2009 e un ano e pico despois, os consumidores xa especializados fixeron chegar aos promotores a necesidade de busar unha bebida de envase máis sostible (era de plástico), e de contido máis doce e con cafeína, segundo explicou a GG Xan Bagaría Fra, un dos impulsores e distribuidores da bebida.

Facendo caso das opinións máis autorizadas, a asociación "Fontaira" buscou nova fórmula e novo envase e atopou todo nunha empresa de Santa Corda (A Coruña), tran unha longa cata de diferentes receitas.

O segundo ano de Galicola "" estréase ademais con pequenos cambios na etiqueta e coa introdución do tamaño de 20 centilitros en cristal, que substitúe á anterior de 33 centilitros envasada en plástico, pero se mantén a botella plastificada dun litro.

Beneficios para a lingua galega


A decena de integrantes da asociación creou o certame "Ángel Casal" en lembranza do fundador da editorial "Nós" nos anos 20, fusilado en 1936.

A primeira convocatoria puido destinar algo máis de 300 euros a un proxecto do colectivo "Mocidade pola Lingua", escollida entre tres candidaturas.

A seguinte edición xa conta con candidaturas que se darán a coñecer o día 1 de xaneiro e todos os bebedores do refresco poderán votar ao seu proxecto favorito utilizando a etiqueta da botella.

O resultado darase a coñecer o 17 de maio de 2011, facéndoo coincidir así co Dia das Letras Galegas e tras un ano de vida comercial, os impulsores esperan que as vendas permitan duplicar os fondos da primeira edición e incluso dividir o premio entre dous proxectos.

Concertos e vodas con 20.000 botellas nun ano

As vendas do primeiro ano creceron de forma progresiva, mes a mes, ata chegar a un total de 980 caixas de 20 botellas que os socios distribuiron de forma voluntaria entre 106 bares e centros sociais de toda Galicia.

"Levamos botellas de Galicola alí onde nolas piden e se nos queda moi a desmao, buscamos a forma de envialas por alguén que viva cerca", explicou Bagaría.

Por dar algunhas cifras, en Santiago de Compostela pódese beber "Galicola" en 30 locais, en 13 da Coruña, 12 de Pontevedra, 13 de Vigo, 3 da cidade de Ourense e 8 na de Lugo.

As vendas son máis elevadas durante o verán e, segundo Bagaría, é máxima en concertos e fefstivales comolos celebrados en Teo ou no Grove pero tamén tiveron pedidos curiosos como o destinado a unha voda en Ponteareas ou a dous bares de galegos instalados en Alacante.

Refrescos de cola contra o monopolio de Estados Unidos

A "Galicola" é por agora, o último refresco de cola alternativo aos estadounidenses que intenta facerse un oco no mercado, onde outros fracasaron.

Outras marcas de cola mantéñense en mercados locais son a "Mecca-cola" rexistrada en 2002 en Francia, a "Breizh-cola" fabricada na Bretaña francesa, a "Tropicola" cubana,a "Ehka-cola" (Euskal Herriko Kola Alternativoa) elaborada por unha cooperativa do País Vasco francés e outras en varios países do mundo.

De todas elas, a galega é única pola súa implicación na defensa da lingua, tanto polo premio creado con este fin como polo seu lema "Sabor da tua língua".

Comentarios