A produtora de bens cárnicos, Torre de Núñez, para os Celíacos

A empresa lucense Torre de Núñez, dedicada á fabricación e venda de elaborados cárnicos, atópase inmersa nun proceso de actualización da etiquetaxe da súa gama de produtos, incluíndo información que indique os produtos que son aptos para celíacos, a través dun logotipo coa mención ''Sen Gluten''.

O gluten é unha proteína que forma parte dos cereais: trigo, espelta, avena, cebada, centeo e triticale (híbrido de trigo e centeo). O celíaco non pode inxerir ningún alimento en cuxa utilización se utilizou como materia prima algún destes ingredientes ou derivados dos mesmos, incluídos os aditivos, xa que lle afecta directamente ao intestino delgado e impide a correcta absorción dos nutrientes.

A gama de embutidos de Torre de Núñez está incluída na Lista de Alimentos Aptos para Celíacos que a  FACE (Federación de Asociacións de Celíacos de España) edita todos os anos.

A inclusión dos produtos nesta lista implica a certificación do fabricante de que ditos produtos conteñen menos de 20ppm (mg./kg.) de gluten; para iso hai que achegar certificados dos provedores de materias primas conforme estas non  conteñen gluten, nin existe contaminación cruzada con gluten no proceso de obtención dese ingrediente; e analíticas de produto final nas que se certifique que ese produto non contén gluten.

A día de hoxe Torre de Núñez conta coas certificacións de calidade UNE - ISO 9001:2000, ademais das certificacións de produto Xamón serrano ETG (especialidade tradicional garantida) e Galicia Calidade para o Xamón Serrano e o Lombo Embuchado.

Comentarios