A Ribeira Sacra de Ourense, pedra e beleza 'sacras'

A Ribeira Sacra de Ourense pode cualificarse, sen desmerecer a outros, como o destino estrela do interior de Galicia. Dun tempo para acó está a vivir un auxe turístico sen precedentes, favorecido pola apertura, no verán de 2004, do Parador de Santo Estevo, un dos referentes da cadea hostaleira propiedade do Estado.

 


Este impresionante mosteiro, situado no concello de Nogueira de Ramuín e hoxe reconvertido en hotel-monumento de catro estrelas con 77 habitacións, é o epicentro en torno ao cal vira toda a oferta de lecer da zona.



A calidade das súas instalacións acaba de ser mellorada, ademais, coa instalación dun luxoso e apetecible spa, que permite relaxarse a través do uso lúdico da auga.

San Pedro de Rocas
Ademais da visita obrigada a Santo Estevo, a Ribeira Sacra ofrece a posibilidade de coñecer outros cenobios, como é o caso de San Pedro de Rocas, orixe e esencia do eremitismo galego.

San Pedro é un orixinal enclave, escavado na roca (de aí o seu nome), que permite facerse unha idea bastante aproximada do que era a vida dos ermitaños alí retirados. Resultan especialmente rechamantes as súas tumbas antropomorfas.


O conxunto anima a realizar un paseo polas inmediacións, para coñecer a fonte escondida entre as pedras –un sabio cartel recorda que o níquel dos euros é contaminante, para desanimar a quen teñan a tentación de botar moedas no seu interior– para percorrer unha ruta de sendeirismo ou simplemente para subir ao orixinal campanario, a través dunha estreita escaleira, para observar a paisaxe.

   

Centro de Interpretación
Non fai moito se inaugurou, anejo ao mosteiro, un interesante Centro de Interpretación, con paneis explicativos sobre a Ribeira Sacra en xeral e aspectos como o seu viño, artesanía, historia ou riqueza natural, ademais dun entretido mapa de localización dos principais mosteiros, así como audiovisuais sobre a etnografía da zona.

Outros cenobios especialmente recomendables para unha visita son o de Xunqueira de Espadanedo e o de Santa Cristina de Ribas de Sil. Este último de gran encanto, a pesar dos seus relativamente pequenas dimensións, xa que está situado nunha paraxe especialmente acolledora e agradable, moi preto ademais do monasteiro de Santo Estevo.

Paisaxe
A paisaxe, xunto coas pedras sacras, constitúe o outro gran atractivo da Ribeira. Por iso vale realmente pénaa deterse nos diversos miradoiros que se atopan ao longo da estrada, preto de Parada de Sil, e entre os que destacan os llamandos Balcóns de Madrid. Todos eles ofrecen unhas suxestivas vistas do canón do río Sil.

Recomendacións:

Para comer:

En Nogueira de Ramuín: Restaurante dos Abades (Parador de Santo Estevo). Aproximadamente 30 euros. A súa gastronomía baséase en produtos de río, así como nos tradicionais galegos, con claro protagonismo dos viños da Ribeira Sacra. Entre os pratos típicos sobresaen o polbo, a anguía e a troita. Das carnes destaca a tenreira galega. Pratos como o lacón con grelos e o caldo ou o cocido completan a oferta. Entre as sobremesas, hai que citar as bicas de Trives e de Castro Caldelas, típicas da provincia ourensá.

Comentarios